Dec 08 2008

Xornal de Galicia

Published by under a redacción

Nace a criatura…

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 responses so far

Nov 21 2008

Eufemismos

Published by under a redacción

Son “de provincias”. O meu novo xornal é “de provincias”. O diario abordará temas “de provincias”. Sete veces escoitei esta semana esta curiosa cualificación.

Como molan os eufemismos! Podes dicirlle a alguén que non fai un carallo tomando unha caña e sen risco de ser maleducado só mediante o uso do termo “baixo rendemento”. Non é guapo, é “diferente”. Non vai á disco de moda, é “especialito”. Fala o galego no médico, é “teimudo-tozudo-terco”. Espléndido! Non habería guerras se a xente coidara máis de botar merda sobre o seu interlocutor con finas frases barnizadas con expresións de cóctel.

ISO É O QUE PENSA QUE ESTÁ DICINDO: “Creo que te interesará el documento regional de los balances de pagos bancarios, sobre todo para vosotros, que sois diario de provincias”

ISTO É O QUE REALMENTE ESTÁ DICINDO: “Pues puede que sí os interese este documento de las regiones de los balances de pagos bancarios, sobre todo para vosotros por allá, que no teneis nada económico que contar en todo el año y ésto os soluciona las planas de varios días de periódico, al menos hasta que desde Madrid volvamos a enviaros algo”

Como tamén son fina, direille: “Me complace tu interés extramadrileño por los territorios del Estado que no tienen al Madroño y a Aguirre por Bandera. Asimismo, agradezco la deferencia de ustedes por darse cuenta de la realidad heterogénea del Estado Español, cuya formación nace de un arbitrarismo oligárquico que me ha molestado siempre sobremanera. Reciba un muy cordial saludo de parte de la redacción de este periódico, que devolverá con profesionalidad y con buen hacer el golpe trasero que nos ha dado calificándonos de modo despectivo como diario de provincias. Atentamente…”

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 responses so far

Nov 10 2008

En Venta

Published by under a redacción

CARA A

Máis de 52 procedementos xudiciais pendentes, máis de 3mil millóns de euros roubados das arcas públicas municipais, máis de tres anos de cárcere polos procedementos realizados no tribunal andaluz e no superior de Xustiza desta comunidade, pertenza e baluarte dun dos partidos políticos máis corruptos, unha moción de censura ancorada na ilegalidade

CARA B

Romance cunha cantante de copla, dubidoso/nulo gusto á hora de escoller pantalóns, ex muller en peregrinaxe polas canles privadas de televisión españolas, portada e pulmón de numerosas publicacións de VIDA SOCIAL do Estado, camiñante a El Rocío

REVERSO

350.000 EUROS por unha entrevista con…

Presentadora de televisión e propietaria dunha exitosa productora de cuestionable gusto, portada da súa propia revista mes a mes, estación a estación; protagonista dun escándalo literario esquecido, amiga persoal de José María Aznar, buque insignia do matinal de Telecinco…

É certo, non hai prezo que pague unha boa dose de vergoña. É o reverso o que conta

(foto: mauricio colmenero, aída… é máis divertido que verlle o careto ao Muñoz)

Chuzame! A Facebook A Twitter

5 responses so far

Nov 01 2008

Sentido KO

Published by under Sen clasificar

Sinto o desleixo, a non resposta a mails, a comentarios de Facebook e calquera cousa que non sexa a economía e a procura dun apartamento na Coruña. Temo que sexa algo demasiado duradeiro no tempo, e temo tamén perder de vista a unha Santiago na que teño máis que a pedra e ex lugares de traballo. Bilbao, Santiago, Cangas e demais… prometo máis tempo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 responses so far

Out 08 2008

Movemento TAPOVO

Published by under frikismo ou cousas miñas

Non o puiden evitar cando vin esta foto de Pepe Ferrín para AGN. A elegancia non se merca, como diría a mamá. Comparen con Carmen Gallego, Laura Sánchez Piñón ou, mal que lle pese, Ánxela Bugallo. Eliminada queda Dolores Villarino -isto supoño que non terá discusión-, María José Caride, Mar Barcón, Laura Seara ou Ana Pontón. Ese abrigo (de marca galega, obviously), esa bufanda, os abalorios… pero sobre todo

o porte.

Por iso, preséntovos o TAPOVO, de nome ruso mais fácil de lembrar.

Táboas Portada do Vogue

-ou no seu defecto do Mujer Hoy, que é de La Voz e son da casa- ;)

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 responses so far

Out 06 2008

Cambio 2008

Published by under a redacción

Con permiso do amigo O’Xirarei (e da súa imaxe, que emprego en parte), comezo as primeiras últimas 72 horas como xornalista en Santiago de Compostela. Pasou o San Froilán coa gloria da compañía perfecta e a pena de tremendo agotamento físico e mental que agardo disipar en breves. Foi duro volver de Lugo, sobre todo pola penuria de infraestruturas que, desculpen, teñen pola terra da festa de outubro. Foi duro traballar este último ano en SCQ, mais será aínda máis complicado marchar aos dominios de Hércules, Canalejo, a bandeira española, Teresa Herrera e tantos aficionados ao Deportivo da Coruña xuntos. E, con todo, estou nerviosa e contenta porque, era certo, merecía algo mellor.

Et voilà o momento freak, o punto álxido da miña inquedanza, o cumio do malestar: este sábado hai voda, miña nai non teño roupa. Supoño que haberá licor café e puritos, e como non coñezo aos noivos, hácheme importar ben pouco as pintas. Boa tarde!

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 responses so far

Out 02 2008

Cambio de goberno

Published by under xeral

Cambiamos de lexislatura en Feiranta.

Deixo un xornal e marcho para outro. O cambio é grande: de política/sociedade/cultura/etc. que fago agora e ata o vindeiro xoves, pásome á sección economía na cidade da Coruña nun novo periódico que pinta positivo. Non teño máis que ganas de berrar e de sentar na cama a escoitar «10 años después», de Los Rodríguez. Estou máis que feliz por este home, compañeiro de claritas de limón e confidencias nos últimos meses.

Miro ao redor e fáltame algo, pero teño todo por diante con 23 anos e ganas de seguir -ou empezar- medrando. «Corre, esperta, que o mundo é espectáculo, está aí fóra e ti es a protagonista». Son xornalista malia que exista xente que mo quixera quitar da cabeza e as mans.

«He intentado hacer que mi vida sea maravillosa y he descubierto que si no te planteas crearte una vida singular y sorprendente, jamás serás capaz de escribir algo que nos conmueva»

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 responses so far

Set 29 2008

Teu interese, meu periódico

Imaxino como debería ser ter un periódico nos tempos en que o papel e a tinta manchaban as mans e as follas vivían meses e anos facendo de tellado dunha cociña de leña ou abrigo dunha caixa de zapatos. De ter xornalistas con gafas redondas que escribían cun pequeno lápis nunha libreta de catro follas de cor perdido. Penso como podería traballar unha redacción por vocación, vendida e poderosa, pero que escribía sabendo que, sen televisión nin trebellos dos mass media, había centos de persoas agardando ler no bar o que non sabían pola rúa nin pola escola. Podo figurar, incluso, como pode ser traballar como xornalista en países onde a túa liberdade de expresión é menos valiosa que unha bala dunha kalashnikov 47, e que o meu barril de petróleo pode mercar unha opinión non pertinente.

Podo pensar que o meu xornal é a túa información, mais cada día descubro nunha oficina que non resulta máis que o seu interese. Calquera pode montar hoxe en día un cabaré informativo con aspiracións de pasar por información xornalística, cando non é máis que pretender subir ao carro dunha industria na cal a información é o último que se devora na escala trófica. Coma sempre, é o traballador quen acusa a súa obsesión, ou quen, con asistencias a roldas de prensa e elaboración de reportaxes, poderá cumprimentar a súa ansia de subvención, ou de votos.

Hoxe non creo máis que… nada, hoxe non creo nada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 responses so far

Set 26 2008

O máis difícil todavía: criticar o OPUS DEI

Published by under a redacción

En primeiro lugar, disculpen o ladrillo. Xa escribín esta tarde nun exercicio, hei de dicilo, de soberbio esforzo pola miña parte. É coña. Pero acabo de topar coa extensa man da verdade maquillada, coa enorme forza dunha institución relixiosa que fala de dios con máis coña que cando un de nós tropeza coa porta e se caga no individuo en cuestión. Vaia por diante que non vin a película «Camino», de Fesser, un filme que aborda o sufrimento «por dios, por el papa y la iglesia» dunha nena de catorce anos, Alexia González Barros, membro -polos pais- do Opus Dei español e en cuxo nome pretenden obter unha canonización máis.

Escribo isto porque en case toda a web non hai un puñetero sitio onde se condene de maneira clara que esta nena morreu vitoreada na agonía pola súa familia e compañeiros do Opus por aceptar «por digna» a morte e por sufrir até o último momento porque aceptaba que a súa agonía era desexo de xesús.

Proposición de crente fundamentalista 1: nai da nena, Opus Dei

«Aceptó plenamente su dolorosa enfermedad desde el primer momento, ofreciendo el intenso sufrimiento y las numerosas limitaciones físi

cas que padecía por la Iglesia, por el Papa y por los demás. Muy unida a la Cruz de Jesús, le decía con frecuencia en su oración: Jesús,

yo quiero ponerme buena, quiero curarme; pero si Tú no quieres, yo quiero lo que Tú quieras«.

Proposición de fundamentalista 2: un calquera

«Dios, esos putos moros que cojía una mezquita y la volaba en mil pedazos. ¿Y no se ponen a dar vueltas alrededor de la piedra esa de los cojones hasta que no pueden más? Es que los mataba a todos, coño. Y después se vienen a nuestro país y tenemos que aguantar que las mujercitas anden con esas pintas por la calle, me cago en la puta. ¿Tú no ves que son subnormales? Joder, a matar en el nombre de Alá. Es que le das un libro del Los tres cerditos y también se ponen a tirar casas como el lobo. Que son retrasados mentales, coño!. Que su puta mierda de panfleto religioso se lo inventó un luces que escribió cuatro gilipolleces y a pastar, a esperar al profeta ese de los huevos. Y aún por encima querrán pasta, claro! Ostia, que aquí pretenderán que yo me parta la espalda y pagarle la mierda de la mezquita, y que tengan sus santitos curas o como los llamen esos mierdas y que aún por encima les tengamos respeto. Qué bien, joder, si ahora parece que ellos son los listos! Pero quién coño se cree las bobadas de que les habla Alá? Quién se puede creer, que persona que no sea retrasada, cree que se puede morir con dignidad por Alá? Me cago en la puta, macho. Yo flipo, yo flipo…»

MIña nai, esta tirado ser un flipado. Isto tamén é fundamentalismo. E por certo, VÍVESE con dignidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 responses so far

Set 26 2008

Detalles

Published by under Sen clasificar

Canto máis te acercas…

Os puntos escuros que medran dentro do ollo serven para inventarme unha novela de Vernes mentres debuxo unha raia ao redor. E, ao fondo, ao carón das venas vermellas, un edificio a piques de derrubarse na zona vella de Compostela. Visto a través do meu ollo, para que ti tamén poidas velo.

Levo varios días cunha teima persoal e outra xornalística: unha vai sobre unha escapada e outra sobre unha ideoloxía confeccionada con levadura de absurdo. Afogo na primeira e nado na segunda como un patiño. Mantéñome ocupada e coincido con xente na web para non pensar nos detalles, en cada frase, en cada xesto que vin que podería significar unha cousa ou outra ben distinta. Teño así, parvadas na cabeza. Pero na cousa que nado… leo, pescudo, mando mails, vexo fotografías, adiviño ubicacións das mesmas, comparo símbolos, leo manifestos. Non paro quieta, consúmeme e só teño ganas de tomar clara. Teñen razón os meus amigos en que, se tes ganas de caña, estás «coma un buxo». Si, estou, e teño ganas de licor café.

E o resto? Un pequeno inconvinte. Detalles

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 responses so far

Next »

Olark Livehelp