Archive for xuño, 2008

xun 29 2008

Adiantamos as cabeceiras dos xornais deste luns

Espero pasar o día de hoxe con gloria e sen a pena de me consumir pola televisión e a selección española. Abren con ela en El País, hai unha conta atrás en Marca, abre os boletos horarios da Cadena Ser e La Voz bota man de fotos dun xogador na praia de Cee de pequeno para nacionalizar un eventual triunfo. Titulares, subtítulos ou destacados para mañá:

fever.jpg

LA VOZ: La playa de Cee, cuna de campeones (debaixo do titular). Jorge Lorenzo ya se bañó en sus aguas antes de ganar el campeonato de 250cc

EL PROGRESO: La Muralla y La Selección, patrimonios de la Humanidad

DIARIO DE PONTEVEDRA: Lores no celebra el triunfo glorioso de la selección española

FARO DE VIGO: EL Celta abandonará la Ley Concursal para fichar a Dani Güiza

EL CORREO GALLEGO:  La Catedral llora de alegría el triunfo de nuestra selección nacional

GALICIA HOXE: Antón Reixa non veu o encontro; Quintana prefería un triunfo de Portugal

LA OPINIÓN A CORUÑA: Paco Vázquez: Si la selección es LA selección, la Coruña es LA Coruña (opinión)

CHUZA: Alemaña perde nos penaltis (vota provocación)

LA REGIÓN: Iker Casillas provó de pequeño el agua de LAS Burgas

DXT Campeón: Gran partido de Capdevila, formado en el Dépor

EL MUNDO gal.:  La selección rubrica con triunfo su adhesión al manifiesto de la lengua común

ABC gal.: José Tomás, con la roja en la Plaza de Toros de Pontevedra

EL PAÍS gal.: Feijóo pierde la porra del partido; Touriño y QUintana se llaman después del choque

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

xun 26 2008

Bos días, exclusiva

Published by feiranta under a redacción

O meu avó sempre botaba man dunha cita de Mario Moreno Cantinflas que dicía que "algo malo ten o traballo, que senón os ricos xa o terían monopolizado hai tempo". Os ricos de antes deben de ser os vagos de agora, ou os que, alén de asentir a quen paga, cala a boca e edita o texto dunha noticia. Este martes recibín a chamada do xornalista convencido (e atento a unha comparecencia parlamentaria, neste caso) que me desvelaba unha vergonza que, para min, debía ser unha noticia a facer correndiño. Malia que o que eu escribira non o fora a ler ninguén, malia que houbera moitos que lle buscasen tres pés ao gato, malia que houbera xente que non o considerase importante... había que facelo, e madruguei o mércores para chegar antes ao traballo.

"Equivócaste se buscas unha palmadiña nas costas", dixo papá. Non llo discuto, pero eu podo darmas a min mesma e a quen tomou renda do escándalo e fixo traballar aos demáis, non? Este traballo, e o traballo no que estou nestes momentos, ten estas cousas. Petas contra o muro, levántaste, desistes, e o nervio de traballar volve facer que volvas topar nos fuciños coa pedra de quen non entende máis alá da nómina mensual. Viva o xornalismo patronal!

Malia todo, creo que seguirei coa teima...cantin.jpg

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

xun 20 2008

cumpreanos. 23.

Published by feiranta under xeral

super

Este é o aspecto que teño eu cando me disfrazo polas noites! Como hoxe é o meu CUMPREANOS, ofrézovos unha recreación esaxeradamente fiel do meu aspecto físico. Martelo e fouciño na man, como ten que ser, ao estilo da warrior republicana máis traballadora. E porque descubrín unha páxina para xogar seguido a debuxarte a ti mesma como personaxe cómic, superheroe, política... Como de cómic xa son eu sen someterme a remodelación de pinturas e bits, como aos políticos estou hasta aí de velos por todas partes e traballar sobre eles... pois que só me queda ofrecervos esta versión. Loitar, loito!

Seguindo coa tradición, vou facer unha pequena listaxe coas cousas que quero para o meu CUMPREANOS. Non teñen que ser para hoxe. Quero irme de vacacións a Xordania, un blackberry, aprender a tocar ben o acordeón, irme de vacacións a Cuba coa miña nai, superar espectativas laborais -eufemismo-, falar un pouco máis (estou quedando seca), celebralo en San Pedro, ir a Port Aventura con O'Xirarei, abrir o regalo que me traia xorna de Brasil, ir á estrea da obra do meu irmán, aprender a facer arroz pouco seco (con tal que non quede como unha pedra...), montar un grupo de pandereiteiras coas avoas e nais de Pinténs, probar o licor café (nunca experimentei o seu sabor), deixar de fumar. Mmmmm pedir xa os días libres para o carnaval do Hío, aprender a facer surf. Non sei que máis, con que esteades ben...

Chuzame! chuzame -

4 responses so far

xun 16 2008

Titulitis académica

Published by feiranta under xeral

 titulitis1.jpg

 "Mosiño que ves do estudo e ves tan ben estudiado..." dicía a canción. Canto costa unha cátedra? Canto temos que saber para sermos catedráticos?- que se supón a efervescencia-clímax do saber no teu eido-. Canto pensas que sabes máis que un traballador por ter unha cátedra de sofá? Nin relaciono cátedra con traballador, nin sofá con cátedra, vaia por diante.

Son xornalista a tempo completo, e xornalista-dependente. Gosto o meu traballo desde a primeira vez que me puxen diante dunha maqueta de Quark e rematei adorándoa diante dun micrófono. A radio, lugar onde devezo por volver e que coñecín a través dunha persoa, mestre e agora catedrático, que nunca exerceu de locutor e que ten libros publicados sobre esta parte da nosa profesión. É mesmo divertido que non exerza a docencia porque é home ocupado con cargo institucional, e tamén simpático que presente exposicións sobre a historia da radio en Galicia. Veña, cátedra paga y señal para dicir o que che veña en gana.

Radio Galicia-Cadena Ser cumpriu 75 anos e esta mañá houbo unha presentación dunha exposición sobre a súa historia. <!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -"Coñecer unha radio viva, menos normativizada, máis espontánea", dixo o mestre. Tendo en conta a túa sabedoría, si que pode ser espontánea e viva. E máis cando non aprobaches a un traballador da radio que tentou unha vez ter a carreira e foi suspendido na túa materia porque non aprendeu o teu libro...

Hei facer cátedra en, non sei, plisplás. Non existe, pero na miña ex facultade todo é posíbel

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

xun 15 2008

como respirar tres veces

Colexiata de Cangas

Respirar, respiro a miúdo. Pero respirar pensando que respiro e expiro, poucas veces. Só cando alguén me amola e penso en tranquilizarme para que non me doia a cabeza. Oín unha conversa a pasada tarde que me molestou tanto que non fun quen de calar, e tampouco reparei no de controlar a respiración nin parvadas desas.

- Home 1: e o teu tío de París?

- eu: morreu fai, non sei, oito ou nove anos polo menos. Estaba xa maliño

- ah, bueno, en París vívese ben

- non sei, só estiven de vacacións, pero o meu tío estaba máis vello do vello que tiña que ser

- bueno, marchar marchou daquela e viviu ben, que os que pasamos fame fomos nós

- meu tío marchou porque o ían matar en Cangas, non marchou a Túnez a mercar alfombras

- ahora todo dios a nada, a nada, a facer héroes. El marchou, outro marchou e aquí quedamos catro e non nos pasou nada

O meu tío, Ángel Graña Rodal, marchou de Cangas a Túnez, e de Túnez a París fuxido cando chegaron os falanxistas á vila. Home 1 é familia do meu tío, esquirol da folga de mariñeiros do ano 1934 e delator, non me queda dúbida, doutros tantos paseados na capital do Morrazo. Que ben quedou dicindo iso, carallo! É armador e topeino cando viña dunha reunión para seguir a folga porque non lle dá rendemento a flota de seis barcos do Gran Sol. A mágoa é non poder dicir 'que lle dean polo cú', que os que pagan o pato son os mariñeiros.

Un

Dous

... respira

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

xun 14 2008

As mouteiras

Published by feiranta under Sen clasificar

estamos aqu�

Escribirei desde As Mouteiras en Pinténs. Fareino a semana que vén, que agora estou a pasar unha fin de semana espléndida en Santiago de Compostela con sol, no meu loft e sen o mar á vista. As Mouteiras ou Os Cabaleiros é a toponimia case oficial da miña casiña no Hío, en Cangas, ao carón das praias de Areabrava, Pinténs, as Castiñeiras, San Xian e Pipín. Lugares, todos eles, aos que a xente é benvida por parte da miña familia a non ser que veñan en plan jodechincho vighés, que entón non. Un jodechincho vén sendo un turistilla de sete horas ao día que ven á aldea pensando que trae propina por mercar un xeado no chiringo e fala castelán contigo para que lle deixes aparcar na túa finca mentres vai tomar o sol. Pois non, señorito! Que son da aldea pero non son parva!

Benvidos

Chuzame! chuzame -

2 responses so far