xun 14 2008

As mouteiras

Publicado por feiranta ás 12:37 pm en Sen clasificar

estamos aqu�

Escribirei desde As Mouteiras en Pinténs. Fareino a semana que vén, que agora estou a pasar unha fin de semana espléndida en Santiago de Compostela con sol, no meu loft e sen o mar á vista. As Mouteiras ou Os Cabaleiros é a toponimia case oficial da miña casiña no Hío, en Cangas, ao carón das praias de Areabrava, Pinténs, as Castiñeiras, San Xian e Pipín. Lugares, todos eles, aos que a xente é benvida por parte da miña familia a non ser que veñan en plan jodechincho vighés, que entón non. Un jodechincho vén sendo un turistilla de sete horas ao día que ven á aldea pensando que trae propina por mercar un xeado no chiringo e fala castelán contigo para que lle deixes aparcar na túa finca mentres vai tomar o sol. Pois non, señorito! Que son da aldea pero non son parva!

Benvidos

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2s respostas

2 RespostasAs mouteiras to “”

  1. mirabeleson 15 xun 2008 at 12:36 pm

    creo que hai outras mouteiras preto do carballiño, pero alí sí que non hai praia. Boa terra a súa

  2. okoon 15 xun 2008 at 3:35 pm

    eu tamén odio aos jodechinchos. aos que veñen de fóra da gz e pensan que en marín somos afortunados por ter a escola naval :(

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta