xun 26 2008
Bos días, exclusiva
O meu avó sempre botaba man dunha cita de Mario Moreno Cantinflas que dicía que "algo malo ten o traballo, que senón os ricos xa o terían monopolizado hai tempo". Os ricos de antes deben de ser os vagos de agora, ou os que, alén de asentir a quen paga, cala a boca e edita o texto dunha noticia. Este martes recibín a chamada do xornalista convencido (e atento a unha comparecencia parlamentaria, neste caso) que me desvelaba unha vergonza que, para min, debía ser unha noticia a facer correndiño. Malia que o que eu escribira non o fora a ler ninguén, malia que houbera moitos que lle buscasen tres pés ao gato, malia que houbera xente que non o considerase importante... había que facelo, e madruguei o mércores para chegar antes ao traballo.
"Equivócaste se buscas unha palmadiña nas costas", dixo papá. Non llo discuto, pero eu podo darmas a min mesma e a quen tomou renda do escándalo e fixo traballar aos demáis, non? Este traballo, e o traballo no que estou nestes momentos, ten estas cousas. Petas contra o muro, levántaste, desistes, e o nervio de traballar volve facer que volvas topar nos fuciños coa pedra de quen non entende máis alá da nómina mensual. Viva o xornalismo patronal!
Malia todo, creo que seguirei coa teima...

Se non fose polo nervio permanente… xa estabamos na casas. Pero estas cousas, aínda que as lean 4 e as escoiten 2 persoas… reconfortan, e fanme que aínda confíe nisto.
é o que tendes os xornalistas de calidade e de vocación… que ao final, ata vos gusta o traballo
en serio, moi ben feito, e moitas gracias por manterme informada!!!