out 02 2008

Cambio de goberno

Publicado por feiranta ás 7:14 pm en xeral

Cambiamos de lexislatura en Feiranta.

Deixo un xornal e marcho para outro. O cambio é grande: de política/sociedade/cultura/etc. que fago agora e ata o vindeiro xoves, pásome á sección economía na cidade da Coruña nun novo periódico que pinta positivo. Non teño máis que ganas de berrar e de sentar na cama a escoitar "10 años después", de Los Rodríguez. Estou máis que feliz por este home, compañeiro de claritas de limón e confidencias nos últimos meses.

Miro ao redor e fáltame algo, pero teño todo por diante con 23 anos e ganas de seguir -ou empezar- medrando. "Corre, esperta, que o mundo é espectáculo, está aí fóra e ti es a protagonista". Son xornalista malia que exista xente que mo quixera quitar da cabeza e as mans.

"He intentado hacer que mi vida sea maravillosa y he descubierto que si no te planteas crearte una vida singular y sorprendente, jamás serás capaz de escribir algo que nos conmueva"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3s respostas

3 RespostasCambio de goberno to “”

  1. okoon 02 out 2008 at 11:35 pm

    PARABÉNS!!!! ZORIONAK!!! FELICIDADES!!! CONGRATULATIONS!!!
    (non me enterei moi ben para onde vai o´xirarei)
    pero estarei encantada de irte mirar á coruuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu
    quebienquebienquebiennnnnnnnnnnnnnnnnnnn

    (e para encher ese oko que che falta, chego euuuuuuuuuuuu, viva! viva!!!)

  2. odemoon 03 out 2008 at 8:30 pm

    :D :D :D

  3. O'Xirareion 04 out 2008 at 5:13 am

    Vivaaaaaa!!!!! E viva San Froilán tamén!!!! :D :D :D

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta