xull 03 2008
Prohibido prohibirme nada até o domingo
Deixa de tomar café. Iso, para comezar. Non escoites música cos auriculares, non trasnoites, non bebas. Iso, para seguir. Non durmas coas costas descubertas, non poñas a tele con moito volume, non durmas en sitios incómodos, non te anoxes, non discutas, dorme, come ben e bebe leite. Iso, para rematar. Diagnosticada e en tratamento. Teño 23 anos e parece que, esta tempada, teño 60. Alá van as ganas de praia, con tanta leria xa se me quitan as ganas de coller color. Pero ben, este venres teño que celebrar, canto menos, o meu aniversario. Permitireime unha copiña de medicina de café e un par de cantes. Sen luces, nen música, nen compañía...
Por certo, a miña odisea a Ortigueira corre serio risco de ser cancelada. Manterei informada ao xerente da viaxe, todo dependerá do mandato divino do diván granate. Alén disto, comezo a preparar as miñas vacacións e os actos de homenaxe aos mortos de Cangas do ano 1936.

