set 12 2008
Casa real, fascio e micros de prensa rosa
"Que tal está, don Felipe? Que tal la princesa? Y las infantas? Tenían ganas de venir ya a Cuenca otra vez, no?" Ao que responde (carraspeo): "Déjeme atender a la gente, que han venido a verme y a que les salude". Tócate. "Dejad que los niños se acerquen a mí", dicía Xesús. Ale, complexo de Reis Magos, aos que respecto profundamente, porque claro, a xente chegou a saudalos e dicirlle "pero qué guapo es usted, qué guapa está la princesa". E sen mirra, sen incienso e, o que é máis grave desde un punto de vista de apoloxía de nadal, sen ouro, chegaron dispostos a converterse en ALCALDES HONORARIOS. Ninguén os elexiu para estaren a cobrar dos meus -práceme dicir que xa cotizo- impostos, para que entren a formar parte dun goberno de honra na realidade paralela nos que tampouco ninguén lles deu coba.
Mira el pajaritooooooo! Veña amigos, fixádevos nos escudos que levan no peito eses machos ibéricos que miran para os paxaros -do exército, of course- porque é o símbolo da casa real española. O mesmo que contén remininscencias do franquismo, non dos Reis Católicos (como se afanan en xustificar).
“(..) Repongamos en el escudo yugo y haz. Si el yugo sin las flechas resulta pesado, las flechas sin el yugo corren peligro de volverse demasiado voladoras. Tornemos, más que a una política, a una disciplina, a una conducta, a un estilo, a un modo de ser, a una educación” Estas foron palabras de Sánchez Matas, ideólogo falanxista español que relatou nun libro de escasa calidade e moitas recorrencias a idoneidade de adoptar certos símbolos dos reis católicos para o novo escudo do fascio prefranquista a franquista español. O libro, El Fascio, Haz y Yugo, databa do ano 1927.
En efecto, as frechas proceden de tempos preconstitucionais, alén por suposto de calquera Carta Magna. Concretamente, dos reis católicos (...se pongan, de una parte nuestras armas reales y de otra, la divisa del Yugo de Mi, el Rey y la divisa de las Flechas de Mi, la Reina... ) na procura da atopada, naquel momento, unidade de España por virtude matrimonial. Unidade dun Estado recuperado aos 'infieis': “Los miembros y pedazos de España, que estaban por muchas partes derramados, se redujeron y ayuntaron en un cuerpo y unidad de reino. La forma y travazón, del cual casi está ordenada que muchos siglos vivirá y tiempos, no lo podrá romper ni desatar”.
As frechas gustaron na dinastía monárquica, e foron adoptadas, tamén, por Carlos V: “vuestra alteza debe venir a tomar en la mano aquel yugo que el católico rey vuestro abuelo os dejó, con el cual tantos bravos y soberbios se domaron y en la otra las flechas de aquella reina sin par, vuestra abuela, Doña Isabel, con que puso a los moros tan lejos”. Sen embargo, a Casa do Rei toma prestadas as frechas falanxistas, pois ten cinco en troques das seis dos Católicos.
Procurada unidade recuperada polo fascismo español, miscelánea de rancios idearios españolistas, do fascio italiano e dunha recorrente utilización da historia romana (Virxilio, A Eneida) para xustificar a adopción de símbolos como formas de vida. O partido falanxista, creado por José Antonio Primo de Rivera, Juan Aparicio, Ernesto Giménez Caballero, Ramiro Ledesma, Orbegozo, tomaron, como é sabido, toda esta compilación de iconas para crear unha maneira de se comunicar a berros de “camarada!”.
A Cruz de Borgoña
A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña representa a Cruz de Santo André, unha cruz en forma de aspa onde a lenda bíblica conta que foi crucificado o santo. Os troncos que forman a cruz aparecen, daquela, con nudos nos lugares onde se cortaron as ramas. Foi adoptado como símbolo español a comezos do século XVI por Felipe o Fermoso. Segundo explican os tradicionalistas borbónicos, a súa presenza no escudo de armas do rei sería un xesto de deferencia para cos antepasado Austrias que reinaron no Estado. A historia, pola contra, desminte esta afirmación, xa que, segundo afirman outras fontes, a súa inclusión no actual escudo recóllese do carlismo, primeiro, e da decisión de Franco utilizala para substituír a bandeira republicana, despois. Así, o ditador mandou incluír esta cruz de Borgoña o día 8 de agosto de 1936 en todos os avións militares onde antes estaba a bandeira tricolor.
O Escudo
Pero o escudo do rei non é nin do século XV, nin XVI, senón do XX. Concretamente, nace coa 'Regla número 1 del Título II del Real Decreto 1511/1977', con data do 21 de xaneiro, antes das eleccións democráticas e durante o período posfranquista. Período que asume aínda boa parte da simboloxía anterior, cunha estadía de 40 entre os españois, e que perdura, como vimos, até a actualidade.






