Archive for the 'Sen clasificar' Category

nov 01 2008

Sentido KO

Published by feiranta under Sen clasificar

Sinto o desleixo, a non resposta a mails, a comentarios de Facebook e calquera cousa que non sexa a economía e a procura dun apartamento na Coruña. Temo que sexa algo demasiado duradeiro no tempo, e temo tamén perder de vista a unha Santiago na que teño máis que a pedra e ex lugares de traballo. Bilbao, Santiago, Cangas e demais... prometo máis tempo.

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

set 26 2008

Detalles

Published by feiranta under Sen clasificar

Canto máis te acercas...

Os puntos escuros que medran dentro do ollo serven para inventarme unha novela de Vernes mentres debuxo unha raia ao redor. E, ao fondo, ao carón das venas vermellas, un edificio a piques de derrubarse na zona vella de Compostela. Visto a través do meu ollo, para que ti tamén poidas velo.

Levo varios días cunha teima persoal e outra xornalística: unha vai sobre unha escapada e outra sobre unha ideoloxía confeccionada con levadura de absurdo. Afogo na primeira e nado na segunda como un patiño. Mantéñome ocupada e coincido con xente na web para non pensar nos detalles, en cada frase, en cada xesto que vin que podería significar unha cousa ou outra ben distinta. Teño así, parvadas na cabeza. Pero na cousa que nado... leo, pescudo, mando mails, vexo fotografías, adiviño ubicacións das mesmas, comparo símbolos, leo manifestos. Non paro quieta, consúmeme e só teño ganas de tomar clara. Teñen razón os meus amigos en que, se tes ganas de caña, estás "coma un buxo". Si, estou, e teño ganas de licor café.

E o resto? Un pequeno inconvinte. Detalles

Chuzame! chúzame -

4 responses so far

set 22 2008

Cinco encargos para a apocalipse (petición aceptada)

Unha raíña, ou un espello, pídenme que pense que pasaría se hoxe remata o mundo. Ben, postos a responder, podemos especular cal sería a causa (antes de cumprimentar o Meme). Poderían ser:

- para frikis (non penso en niguén): o túnel LHC estoura e cúmprense os peores prognósticos. O mundo nunca puido saber como naceu o universo, ou o universo morre coa risa porque os seres humanos estouran a Terra para saber de onde carrallo saímos.

- para apocalípticos lucenses: un meteorito, si, un meteorito inmenso que chega á órbita terrestre sen que os super telescopios divisen o seu achegamento a nós. O terruño impacta en Lugo, o cráter ten o tamaño de Galicia e nunca poderemos saber cando rematarían as obras do AVE ou se a capital da Muralla ía ter autopista a Santiago.

- para cinéfilos spilgberianos: un poderoso (mais clandestino) laboratorio norteamericano colle a idea de Jurassic Park e revive aos dinosaurios. Foi algo que soñei non fai moito tempo

- para exiliados: Chávez manda calar ao mundo e ao rei de Ej-paña ao facer estourar unha bomba atómica fabricada en Siberia e transportada a Caracas por un avión de Medvédev (infiltrado con 'material humanitario')

- para amigos de feiranta: feiranta, con contactos no Vietnam e as Coreas e asoballada por unha migraña de dúas semanas e media, compra material radioactivo aos comunistas e fai desaparecer con ela o mundo e os dores de cabeza

MEME

1) que canción che gustaría escoitar? En serio: No son horas, de Calamaro; Profit in peace, de Ocean Colour Scene; e o Coro dos Escravos, do Nabucco de Verdi. En coña: bye, bye, de David Civera

2) a que libro lle botarías un ollo? En serio: Confesiones de un crítico de cine, de Les; Hitchcock, por Truffaut. En coña: Guía Campsa, escápate de todo; Historia de Cangas (vvaa)

3) con quen che gustaría falar? En serio (e DE coña) con calquera, cos meus amigos, co abuelo, con todos os que falei a última semana e onte.

4) que che gustaría comer? unha croqueta da casa, filloas e chulas do carnaval (bueno, se acaba o mundo que esperen a despois do carnaval, por dios), un bocata de tortilla e tortilla de mamá

5) que farías que che queda pendente por facer? ben, pendente por facer: gravar unha película con eu de prota, escribir un libro de viaxes, coñecer Xordania, visitar a Lara en Bilbao :P

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

set 18 2008

monarca multiusos unisex

Published by feiranta under Sen clasificar

PARA...

inaugurar unha fonte

para saudar aos españois

para veranear en Palma

para deitarse con Sofía

para deitarse con Mar

para cazar osos bébedos

para poñerse uniformes

para foder para ter tres fillos

para gañar o millóns de euros ao ano

para coller barriga

para saudar ao presidente Touriño

para vir a Ferrol o mesmo día que protestan polo caso Cabo Gago

para levar o timón dun barco de vela

para facerse amigo de Mario Conde

para facerse amigo de Augusto (Pin -o- ché)

paaara saír nas portadas de El Jueves

para poder ter catro nomes de pila

para poder conducir a trescentos por hora en Barcelona

para supervisar un desfile militar

para tocar os huevos

para certificar que, en efecto, o Español -aínda- é un Estado monárquico

Coño, para ser REI DE ESPAÑA

Quen pode dicir que juancar non serve para nada?

foto: AGN

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

set 02 2008

Agasallo compartido

Published by feiranta under Sen clasificar

Cando cada poema que escribo é un lamento de mártires, cómpre para min ver esta escena unha e outra vez. Compártoa hoxe con vós, agardo que non vos contamine o verde dos neóns dun hotel co que durmo ás veces malia non ter atravesado nunca o Atlántico. Por Judy, por non ser Madeleine

Chuzame! chúzame -

No responses yet

xun 14 2008

As mouteiras

Published by feiranta under Sen clasificar

estamos aqu�

Escribirei desde As Mouteiras en Pinténs. Fareino a semana que vén, que agora estou a pasar unha fin de semana espléndida en Santiago de Compostela con sol, no meu loft e sen o mar á vista. As Mouteiras ou Os Cabaleiros é a toponimia case oficial da miña casiña no Hío, en Cangas, ao carón das praias de Areabrava, Pinténs, as Castiñeiras, San Xian e Pipín. Lugares, todos eles, aos que a xente é benvida por parte da miña familia a non ser que veñan en plan jodechincho vighés, que entón non. Un jodechincho vén sendo un turistilla de sete horas ao día que ven á aldea pensando que trae propina por mercar un xeado no chiringo e fala castelán contigo para que lle deixes aparcar na túa finca mentres vai tomar o sol. Pois non, señorito! Que son da aldea pero non son parva!

Benvidos

Chuzame! chúzame -

2 responses so far